miércoles, 8 de septiembre, 2010
inicio  |  imaxes  |  contactar  |  Solicitud de información
Identidade  Webmail  Acceso restrinxido para profesores  Suscripcións Galego  Castelán
O Colexio
Etapas
Materias Cole
Novas
Solidariedade e Mar-Cha
Servizos
Instalacións
Actividades
Deportes
Información xeral
Enlaces de interese
Axenda
Zona restrinxida
Maristas Ourense O Colexio > Identidade
volver imprimir   relacionar
volver   otros titulares imprimir   enviar  relacionar
Identidade
Identidade Marista

Identidade (14.574,79 KBytes)

A existencia de múltiples concepcións do home e da vida provoca unha diversidade de propostas educativas. Dentro do respecto ás leis que regulan os dereitos e deberes nesta materia, o noso Colexio ofrece un modelo educativo ás familias e á sociedade, baseado no estilo de San Marcelino Champagnat, fundador da Institución Marista.

O noso estilo fundaméntase nunha visión verdadeiramente integral da persoa e da educación, que busca conscientemente comunicar valores.

Facemos noso o pensamento de que para educar ben ós nenos hai que amalos, e amalos a todos por igual. Segundo este principio, as características particulares do noso estilo educativo son: presencia, sinxeleza, espírito de familia, amor ó traballo e seguir o modelo de María. Intentamos adoptar estas actitudes e valores como a nosa forma de inculturar o Evanxeo.

Os nosos alumnos son o centro do noso interese en todo o que respecta á organización e á vida escolar. Axudámoslles a adquirir coñecementos, a desenvolver as súas capacidades e crecer en valores a través do descubrimento de si mesmos, dos demais, da natureza e de Deus.

Seguindo o exemplo de Marcelino:

• Animamos ós mozos a ser sempre mellores.
• Prestamos especial atención ós alumnos máis débiles.
• Favorecemos a participación activa de todos os compoñentes da Comunidade Educativa (alumnos, pais, profesores, exalumnos).

Pretendemos lograr dos nosos alumnos a confianza en si mesmos, o traballo en equipo, a aceptación de responsabilidades, a creatividade, o desenvolvemento do xuízo crítico, o sentido do trascendente..., ofrecendo, para isto, unha educación verdadeiramente integral.

Procuramos que os principais protagonistas sexan os propios alumnos/as, co seu traballo organizado e constante, que son os máis interesados na súa propia formación persoal e académica.

Estamos en comunicación constante cos pais dos alumnos, que son os principais responsables da educación dos nenos e mozos que acoden ás nosas aulas, a través de circulares, informes e entrevistas persoais.

Todo isto realízao un grupo de profesores con experiencia, preparación, traballo en equipo e en renovación pedagóxica constante. Coa asistencia do persoal de Administración e Servicios, que realiza o seu traballo con profesionalidade.

Contamos coas suxestións e colaboración da A.P.A. no desenvolvemento da nosa actividade diaria, apoiando sobre todo as actividades extraescolares e as dirixidas ós pais de alumnos.

TODO ISTO FAI DO NOSO COLEXIO UN CENTRO EDUCATIVO DE CALIDADE, Ó SERVICIO DA SOCIEDADE OURENSÁ.

 
O Colexio
Colexio Marista Santa María - cómo llegar www.maristasourense.com R/ Bedoya, 9 - 32004 - Ourense - España
©2007-2010 Tel: +34 988 228 152 - Fax: +34 988 228 465 colexio@maristasourense.com Importe nuestros canales de RSS Xolido®