Orde do 26 de agosto de 2010, pola que se convocan axudas para a adquisición de libros de texto, materiais curriculares e material didáctico e complementario que cambien de idioma de acordo co Decreto 79/2010 do 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia, destinadas ao alumnado matriculado en centros sostidos con fondos públicos en 3º e 44 de educación primaria e en educación secundaria obrigatoria no curso escolar 2010-2011.
As axudas, segundo os anexos regulados na orde, serán entregados polos centros ás familias do alumnado dos cursos afectados (3º e 4º de Primaria e ESO),que, no suposto de reunir os requisitos de matriculación e renda contidos na orde, poderán adquirir os libros e o material nas librarías da súa elección.
O prazo de presentación das instancias, nos centros docentes, é dun mes dende a publicación da orde, polo que rematará o 30 de setembro.